Denuncian a actitude do primeiro dono que fixo escapar a Quin, e como logo non se quería achegar aos homes especialmente.
Marabillosa historia de amor polos animais!
É un libro aconsellable para lectores de todas as idades.
Ferramenta de difusión do Club de Lectura do CPI Tino Grandío, de Guntín.
Denuncian a actitude do primeiro dono que fixo escapar a Quin, e como logo non se quería achegar aos homes especialmente.
Marabillosa historia de amor polos animais!
É un libro aconsellable para lectores de todas as idades.
Tintimán é un rapaz que herda do pai a paixón por investigar misterios , gústalle a aventura e preséntase como reporteiro dun xornal local. Axúdase das artimañas do seu gato torto, Grozni, e maila súa compañeira de clase Mónica , que quere conseguir algo máis que compañía.Esta historia está situada na Coruña, e na desaparición misteriosa da coroa de Napoleón que o goberno francés lle emprestara á cidade para conmemorar o bicentenario da batalla de Elviña; os protagonistas deben atopala inmediatamente para evitar un conflicto diplomático.Este relato de Jaureguizar dalles a coñecer certa historia e diversos emplazamentos da cidade.
Tengo diez años y medio, y mi sueño es llegar a ser escritora. Mi truco para contar historias es observar a las personas, imaginar sus vidas, sus secretos... Todos tenemos un secreto escondido que no contamos a nadie y que nos hace ser lo que somos.
Ese é o comenzo textual desta colección de novelas gráficas premiada co máis prestixioso premio europeo desta categoría .
Esta obra é unha mezcla orixinal de cómic e narrativa na que aparecen elementos compartidos no imaxinario colectivo dos nenos: primeira banda de amigos, cabana na árbore, bicicleta como medio de transporte, personaxes adultos intrigantes...
Destacaron a presentación da obra en cómic,os diálogos con debuxos moi coidados e coloridos que os incitaba a non deixar de ler.
A nivel educativo resaltar a solidariedade que une aos protagonistas compartindo o mundo dos adultos e dos nenos de xeito respectuoso e gratificante.
Teatro: "As alumnas", autora: Paula Carballeira.
O reencontro de dúas mestras no enterro da pedagoga galega María Barbeito , failles rememorar o papel das mulleres no marco histórico anterior e posterior á Guerra Civil e como o franquismo significou un retroceso na educación do Estado. A educación, peza fundamental no desenvolvemento e libertade das persoas, especialmente das mulleres, é o tema da obra.
Poesía: "Materia", autora: Yolanda Castaño.
Disfrutamos da lectura en directo dun poema escollido por unha lectora entusiasta deste estilo literario.
Toda a obra mostra metafóricamente temas da memoria persoal e colectiva, a maternidade, a familia, as costumes, a casa e o paso do tempo. Emprega unha linguaxe profunda, elegante e culta pero á vez comprensible e fácilmente interiorizable.
Narrativa: "Los incomprendidos", autor: Pedro Simón.
Unánimente declarada a mellor obra deste autor, tanto pola temática como pola exposición dos acontecementos empregando unha linguaxe propia dos protagonistas que convida a meterse no seu rol.
Trátase dunha historia que podería ser real en calquer familia, a viaxe desde a infancia á intrépida adolescencia; os cambios da alborotada infancia ao silencio sepulcral.
Sobresae a culpa sen dar solución convincente e que provoca máis soedade e incomunicación familiar.
Denuncia a ambición por ter mellor status social que tampouco implica máis felicidade.
No Club de Lectura de 6° o alumnado analizou polo miúdo “El cuarto de las ratas” que é un libro que atoparon corto e sinxelo de ler. Ao principio custoulles engancharse, pero despois á maioría gustoulles xa que é unha trama de misterio cun final sorprendente e no que se ve o paso hacia a madurez de Margarita, a protagonista.
O segundo libro que leron foi “Saínza, a punkereteira” que lles recordou as Tanxugueiras. Encantáronlles as ilustracións e a historia dunha rapaza libre que ama o rural e que transmite os valores da amizade, da loita contra as inxustizas, do enriquecedor que é o contacto coa natureza e cos avós, da liberdade, da igualdade… En definitiva un libro para recomendar.